jueves, 14 de mayo de 2015

Dos López de Perlío

Como me quedaba unha entrada aínda sobre a miña familia, e a representación da rama do meu pai, da rama de Perlío/Limodre era nula, non por ningún motivo de odio ou favoritismo hacia a outra, simplemente porque o acceso á información desa rama é moito máis complicado, desgraciadamente non se me conserva tan ben esa parte da familia.

E se hai que falar dun personaxe desa parte, o mellor exemplo que se me ocorre (e o máis cercano) sería o meu avó, chamado Antonio López vázquez, da dinastía dos López de Perlío, nacido no ano 1927 era o sexto de 8 hermanos (madre mía, traballaban como coellos daquela), a guerra lle colleu moi pequeno e nada tivo que facer nela, foi a escola, en concreto á escola pública de Perlío, onde se formou durante o final da guerra civil.

Con 14 anos, comezou a traballar, (ano 1941) todo comezou co seu pai ( é dicir, meu bisavó) Valentín López quen falou co que entón era o dono de Astano, un Astano que naquel momento tiña como 40 traballadores. Valentín díxolle: teño un fillo de 14 anos que busca traballo.-e o dono lle dixo; bueno, pois que veña o luns. ( oxalá fora tan fácil hoxe en día) Nesta época, na que Astano todavía facía os barcos de madera, ao meu avó o enviaron a traballar de tornero a un taller de Ferrol.
Alá formouse durante un tempo, e logo pasou a traballar xa en Astano, sexa de tornero ou de moitas outras cousas, o traballo nunca faltou e alí seguiu durante toda a época dorada de Astano.

Mais foi coa reconversión do naval, provocada pola entrada de España na Unión Europea cando foi prexubilado aos 58 anos (1985), os seguintes anos da súa vida os pasou na súa casa de Perlío disfrutando do merecido descanso dunha vida de traballo, ata que no ano 2000 lamentablemente morre, supostamente por vello.

E isto é o que puiden conseguir sobre o meu avó, quizá non lle dai xustiza pero é o que hai, e isto é o que saiu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario