domingo, 26 de octubre de 2014

A conciencia sobre a paisaxe



Bos días, seguro que esta paisaxe vos soa, trátase da ría de Ferrol, vista dende a ponte das Pías, una vista espectacluar, fermosa, incrible; pero entón, camiñas un pouco máis e atopas isto...






Sí, ese escremento que noutra vida fóra un colchón, leva alí  ao lado da gasoliñeira da ponte  máis anos dos que podo recordar, e é probable que siga alí durante máis anos dos que eu poderei vivir. Coma este, podemos atopar unha cantidade infinita de lixo depositado en lugares incorrectos por toda a xeografía galega, e a pregunta que me formulo é a seguint, porqué sucede isto ? é culpa de persoas coma ti o coma min ? é culpa dos representantes políticos ?

A resposta é ben simple, de ambos bandos, tampouco é que eu descubrira América, a falta de concienciación ambiental tanto en Galicia coma en España é algo máis antigo que o propio lixo que está a "embelecer" a paisaxe; o concepto de conciencia ambiental defínese como: entender como inflúen as accións de cada día no medio ambiente e como isto afecta ao futuro do noso espacio. 
Nesta sociedade, os crímenes contra o medio ambiente que poderían chegar a comprometer o futuro das xeracións vindeiras son temas que se atopan nun segundo ou tercer plano en comparación con outros de "vital importancia" como a actividade sexual dunha panda de desfeitos sociais nun reality show, ou o cambio de peiteado dun xogador X de fútbol, e a culpa disto témola nós, os mesmos que tiramos ese colchón por non molestarnos en levalo a un punto limpo porque nos da "pereza" e é máis doado deixalo alí, pero tamén hai outro papel, que é o de xente como eu mesmo, que o vemos todos os días e non chamamos á autoridade competente para que o retire e o deposite non punto limpo.

Máis non toda a responsabilidade deste tema é do pobo, as políticas de control de residuos promovidas polos mandatarios políticos non abarcan todo aquilo que deberían e aparte tampouco funcionan coma din que funcionan, non respetan os horarios de recollida, non recollen todo o que atopan...etc. 

En resumen e concluíndo, o feito de que Galicia esté así de contaminada e "bonita", non é por falta de medios para arranxalo, senón que se trata dun problema raíz, dun problema desta sociedade durmida, que non fai nada para cambiar esta situación, nin lle exixe solucións aos seus representantes políticos. E se seguimos así (me inclúo) estampas como as de ese colchón seguirán alí por moitos anos máis. Moitas grazas por ler as miñas sandeces e un saúdo.

domingo, 19 de octubre de 2014

Loitemos polo río Sarria

Hola, hoxe vou falar do que está a suceder no malecón do río Sarria, unha obra que atenta contra a fauna e a flora do río e a resposta que tivo entre os veciños da localidade, imos alá.

O pasado mes de xuño o Ministerio de Agricultura e a Consellaría de Medio Ambiente asinaban un convenio para levar a cabo, a través da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, obras de "adecuación do cauce" do río Sarria  ao seu paso pola vila do mesmo nome. En total, catro millóns de euros que buscaban, segundo os promotores da iniciativa, previr inundacións e "rexenerar" o centro desta localidade. Porén, no momento en que se coñeceron os detalles do proxecto, que inclúe unha profunda modificación da canle do río, coa eliminación dunha illa central, a tala de 178 árbores autóctonas e unha remodelación urbanística do Malecón, escoitáronse as primeiras críticas.

Os veciños de Sarria opoñéronse a este proxecto, e formaron a chamada Plataforma Sarriana Polo Río apoiada por Adega e AEMS-Ríos con vida, comezan as campañas de recollidas de firmas e demais actos co obxetivo de concienciar á xente sobre os problemas que conlevaría este proxecto. 
A plataforma pediu ao concello que expuxera o proxecto a debate dos veciños, pero o alcalde de Sarria, José Antonio García, negouse rotundamente, ao considerar que as obras eran vitales para o futuro do pobo.

Xaneiro 2014: A pesar da negativa do pobo, as obras comezan, a tala de árbores é inminente, estas atopánse marcadas con cruces vermellas, pero entón, a Plataforma movilízase; as cruces trocan en corazóns e os veciños encadéanse ás árbores durante un mes enteiro, pero finalmente foron desaloxados pola policía.


Marzo 2014: A Plataforma continuou coas súas accións a pesar deste contratempo, os veciños concentráronse fronte ao concello, e mediante unha denuncia no xulgado de  Sarria conseguiron parar ás motoserras, que retomaran a tala tras a evacuación dos veciños. 

Maio 2014: a Confederación Hidrográfica saca un comunicado no que expón unha reforma do proxecto que, entre outras cousas, falaba dunha reducción do 95% das árbores taladas. A guerra veciñal conseguiu que ese 5% restante de tala non se puidera realizar ata o 1 de outubro, debido a que o permiso que require esta acción so está disponible dende esta fecha ata o 1 de abril. 

Con isto chegamos ao 15 de outubro de 2014, día no que o Consello da Cultura dá a razón aos grupos ecoloxistas e recoñece ao bosque de ribeira de ameneiros e olmos como de "conservación prioritaria" e os seus elementos "insubstituíbeis".

Se ben é certo que a loita en Sarria aínda non terminou, todo parece de cara para que as intencións da Plataforma sexan recompensadas, ante todo animo ao grupo a continuar coa súa cruzada por unha causa que considero xusta. Grazas polo voso tempo e un saúdo.

sábado, 11 de octubre de 2014

O feísmo en Galicia

Bos días, tardes ou noites, sexa o que sexa o momento no que estades a ler esta entrada, e benvidos a Enriba de Marraxóm. Nesta primeira entrada vou tratar a beleza de Galicia, pero non falarei deses enormes e verdes bosques, non; vou tratar unha das principais amenazas que está sufrindo Galicia e que pon en entredito ese concepto da Galicia bonita, esa amenaza non é outra que o  feísmo.


O feísmo é a tendencia artística que valora aquilo que consideramos esteticamente feo, aquilo que vemos e pensamos que é decadente, macabro ou  repugnante. A pesar de ser considerada unha tendencia artística a maioria dos exemplos que podemos atopar de feísmo, normalmente non xorden dun desexo dun artista de representar a fealdade da paisaxe ou de facer crítica social contra algo como se podería pensar, simplemente as obras feístas son construccións inacabadas ( ou mal acabadas) que "contaminan" a paisaxe, acumulacións de basura no medio de calquera lugar, ou, e este é o exemplo máis significativo de feísmo, o uso de "trastos" que hai tempo que debimos ter tirado ao lixo e que agora estamos usando para un cometido diferente ao que estaban destinados e que desentonan con aquilo que estamos a ver, un exemplo práctico: utilizar un somier como peche dunha leira en lugar de desfacernos del.


O feísmo é un tema que está de actualidade, debido a que nos últimos días, se está a falar dunha futura lei do chan  que buscará loitar contra as construccións inacabadas que dañan a paisaxe; fálase de que estas construccións se sancionarían con multas de ata 25.000 euros ou con ordes de remate de ditas obras.


En conclusión, o feísmo sen dubida é algo perxudicial para a paisaxe galega, e non é algo minoritario e difícil de ver, basta con salir pola porta de casa para ver exemplos desta tendencia, que ata hoxe eu non vera como algo tan definido e importante, eu unicamente o veía como simples "chapuzas".  Finalmente déixovos debaixo un breve video recopilatorio dalgunhas fotos de feísmo, moitas grazas polo voso tempo e vémonos pronto.