sábado, 11 de octubre de 2014

O feísmo en Galicia

Bos días, tardes ou noites, sexa o que sexa o momento no que estades a ler esta entrada, e benvidos a Enriba de Marraxóm. Nesta primeira entrada vou tratar a beleza de Galicia, pero non falarei deses enormes e verdes bosques, non; vou tratar unha das principais amenazas que está sufrindo Galicia e que pon en entredito ese concepto da Galicia bonita, esa amenaza non é outra que o  feísmo.


O feísmo é a tendencia artística que valora aquilo que consideramos esteticamente feo, aquilo que vemos e pensamos que é decadente, macabro ou  repugnante. A pesar de ser considerada unha tendencia artística a maioria dos exemplos que podemos atopar de feísmo, normalmente non xorden dun desexo dun artista de representar a fealdade da paisaxe ou de facer crítica social contra algo como se podería pensar, simplemente as obras feístas son construccións inacabadas ( ou mal acabadas) que "contaminan" a paisaxe, acumulacións de basura no medio de calquera lugar, ou, e este é o exemplo máis significativo de feísmo, o uso de "trastos" que hai tempo que debimos ter tirado ao lixo e que agora estamos usando para un cometido diferente ao que estaban destinados e que desentonan con aquilo que estamos a ver, un exemplo práctico: utilizar un somier como peche dunha leira en lugar de desfacernos del.


O feísmo é un tema que está de actualidade, debido a que nos últimos días, se está a falar dunha futura lei do chan  que buscará loitar contra as construccións inacabadas que dañan a paisaxe; fálase de que estas construccións se sancionarían con multas de ata 25.000 euros ou con ordes de remate de ditas obras.


En conclusión, o feísmo sen dubida é algo perxudicial para a paisaxe galega, e non é algo minoritario e difícil de ver, basta con salir pola porta de casa para ver exemplos desta tendencia, que ata hoxe eu non vera como algo tan definido e importante, eu unicamente o veía como simples "chapuzas".  Finalmente déixovos debaixo un breve video recopilatorio dalgunhas fotos de feísmo, moitas grazas polo voso tempo e vémonos pronto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario