domingo, 25 de enero de 2015

A loita contra o veto de Astano

Boas, o tema a tratar nesta ocasión é a "Galicia rebelde" un tema interesante, pero que a priori semella limitado ou escaso, debido a ese tópico que existe de que Galicia é sumisa, máis iso no é así e hai numerosos exemplos ao longo de toda a historia que o proban.

Total, que me encontro eu o venres volvendo para casa despois de un esgotador día de clases, pensando que tería o fin de semana libre, nada que estudiar, nada que facer, dous preciosos días para o meu disfrute persoal, pero, entón doume conta que sí teño algo que facer, a entrada para o blog, pero sobre que facela, que hai sobre o cal eu poida falar, a miña busqueda durou pouco, xa que nese momento pasei xusto por diante do cartel que aínda está en San Valentín coa conta atrás para o fin do veto de Astano, o cal rematou hai unhas semanas.

O veto, o famoso veto do que tantas veces oín queixarse aos meus pais, tíos e avós ao longo dos anos,  que tantas penas provocou a numerosas familias e aos seus ingresos dende que eu teño memoria, pero que é exactamente este "veto" e cando arrancou esta situación tan famosa, polo menos en Fene e alredores ?

Corría o ano 1984,  coa chegada da democracia a territorio español 6 anos atrás, aínda que pasando por un fallido golpe de estado polo medio, o clima da ditadura comezaba a desaparecer, e a relación do país con Europa comezaba a mellorar. Tempo atrás Adolfo Suárez presentou unha demanda de adhesión á UE, pero a entrada do España nesa asociación estaba separada por unha serie de limitacións que eran necesarias cumplir, e unha de elas era capar industrias como a da construcción naval, que é a que a nós nos interesa.

A industria naval en España era unha das máis importantes naquel momento, focalizada principalmente nos asteleiros de Astano en Fene, o seu nivel de producción daba de comer a miles de familias por toda a ría de Ferrol e arredores e as cantidades de diñeiro que chegaron e entrar nesa empresa nos seus bós tempos eran superiores as de calqueira empresa galega.

Pero todo o bó remata, e España tiña que entrar na Unión Europea, e un dos requisitos era reducción da súa construcción naval, a cal comezou  coa exclusión a Astano do mercado civil, de maneira que só se podería centrar no mercado off-shore, é dicir  o da fabricación de plataformas petrolíferas.

A reacción dos traballadores non se fixo esperar, a UE lles ía costar a máis de un o seu posto de traballo, ata 20.000 persoas se movilizaron en Ferrol paara evitar ese inminente mal que se lles viña enriba. Deixovos aqui debaixo o folleto co que se informou ao persoal doutra manifestación, así como unha foto da mesma:



Moitas máis manifestacións sucederon ao longo dese ano como dos seguintes, o final disto xa o coñecemos, España entrou na Unión Europea, o veto seguiu adiante, con algunha que outra prolongación do mesmo. O sector naval quedou case desterrado e destrozado, pero iso significa que aquilos 20.000 que loitaron anos atrás non conseguiron nada? non exactamente.

As súas loitas foron recompenadas, a construcción quedou vetada pero ningún traballador foi despedido, ningún quedou na calle , e máis a maioría onde quedaron foron na casa, exact, moitos deles foron recompesados con prexubilacións moi prematuras nalgúns casos, sen mover un dedo seguiron cobrando cada mes, esa sería a parte boa.

Claro, pero toda esta movida como a vemos 30 anos despois? Xa, xa sei que o veto xa rematou e que a partir de agora Astano( agora Navantia) poderá volver a ser o que foi noutra época, pero sendo realistas cales son as posibilidades de que iso ocurra? poucas.

Un tras coñecer toda esta historia de loita entre os traballadores e esa España desexosa de entrar na UE, non pode evitar reflexionar entre as aptitudes de ambos bandos. O bando dos traballadores cesou nas súas protestas tras conseguir as vantaxes das xubliacións anticipadas, pero quizás pecaron de pensar no presente naquel momento, se seguisen loitando e se aliaran cos demais sectores que serían afectados pola UE quizais tiveran algunha posibilidade de evitar que España seguise adiante, e poder seguir mantendo aquel momento dulce que os asteleiros vivían, claro que isto só é mera especulación que fago desde o meu descoñecemento.

E pola parte de aquila España que perdía o cu por entrar na UE, pregúntome eu, porque ? que gran vantaxe tiña iso, estar "á altura" das potencias europeas? potenciar outros sectores como o turismo ? vale pareceme moi ben, pero é que a cambio diso estás a matar outros, moitos "guiris" irán a Benidorm pero moitos quedarán sen traballo no naval, e non só no naval, tamén na industria dos lácteos por exemplo. 

Estas últimas líneas son tan só un par de idas de olla miñas as que lle faltan moita información como para dar unha opinión realmente sólida e con fundamento, pero isto é o que me veo capacitado para dicir.

Por último celebrar o fin do veto, e esperar que o negocio se chegue a recuperar, aínda que o veo moi difícil, nunca se debe dicir nunca.

                                                                                                                                 Un saúdo.

domingo, 11 de enero de 2015

Xaquín Marín: debuxante,humorista, caricaturista e ilustrador

Cando servidor colle un exemplar do xornal La Voz de Galicia, o comeza polo final, buscando a sección de deportes, buscando a ver que din eses corvos do meu Dépor, pero antes de chegar alí e de enfadarme polo 4 que lle dan a Laure todalas semanas, fago unha parada na folla de pasatempos; non, non é polos sudokus nin polos crucigramas, senón por ver o debuxo de turno de Xaquín Marín.



Xaquín Marín é probablemente o debuxante galego máis destacado. Naceu en Ferrol o 10 de outubro de 1943. A súa traxectoria é amplísima, contribuíndo principalmente con tiras cómicas onde describe a actualidade con un sentido do humor único. A súa obra figurou nas páxinas de numerosos xornais galegos, españoles e incluso do extranxeiro, algúns deles son: El Ideal Gallego, Teima, Le Telegramme, Hermano Lobo.... e un longo etc.


Máis non só se limita á isto a súa obra, tamén publicou unha gran variedade de por comics por expemplo: Ratas, Das Capital e H2Oil, entre outros.


Tamén ten unha grande cantidade de albums publicados dende o seu debut con 2 viaxes en 1976 en compañia de Raimundo Patiño, ata As Dúas Viaxes en 2010, son máis de 10 os seus recopilatorios de banda deseñada e humor gráfico.

Quizás a súa maior obra é o Museo do Humor de Fene que el promoveu e dirixiu ata a súa xubilación en 2010, este museo é único de Europa centrado no humor gráfico tanto galego como internacional, contén máis de 3000 orixinais de gran cantidade de autores. Tamén dende este mesmo museo Xaquín dirixiu a publicación da revista trimestral Sapoconcho dende o 1994 ata o 2000 contando con 19 números máis 2 especiais.

A súa contribución non remata aquí, tamén foi membro fundador de FECO España, organización de debuxantes de humor creada no 1992 que ten como obxetivo de agrupar, potenciar, defender e valorar o debuxo de humor, e membro da Academia de Humor de Pozuelo de Madrid. O seu palmarés é enorme, son moitas as distincións que recibiu recoñecendo a súa carreira e a súa labor, tales como o Premio Galicia de Periodismo, ( en 3 ocasións ) o premio ao Gallego do Ano en 1997, a Vieira do humor en 1983 e mesmo recoñecementos internacionais como o 1º premio bienal de Gravobo en Bulgaria.



Para rematar, deixovos aquí debaixo algunha mostra das súas viñetas nas que fai gala de seu sentido do humor tan especial e encantador, así como a que realizou recentemente tras o atentado yihadista que tivo lugar en París homenaxeando a Charlie Hebdo.




Un Saúdo.