martes, 25 de noviembre de 2014

E que son os biosbardos ?

Documentándome sobre a mitoloxía galega atopei diferentes criaturas míticas que cada unha podería dar para unha entrada, pero hoxe falarei dos biosbardos. Ao mencionar esta palabra seguro que moitos de nós non pensamos nun mito específico, é unha palabra que temos asimilada dentro da cultura galega, pero sen coñecer cal é a súa orixe. Os biosbardos son:

É unha palabra galega que equivale ao espacios e entes imaxinarios. Son unha figura mitolóxica existente en Galicia coa que se adoita gastar bromas aos cazadores novatos. Son seres fabulosos que poden adquirir apariencia de paxaro ou de chico de gran beleza que ninguén sabe describir, difíciles de apresar.


Tamén son coñecidos como gazafellos, cazarellos, cazabellos. Estos seres supostamente imaxinarios habitan os bosques de Galicia, a menudo son mencionados na expresión "andar ós biosbardos", que significa estar distraído ou tener ideas fantasiosas.

Son seres que ninguén sabe describir perfectamente. Para cazalos, é necesario ir nunha noite oscura por un camino estreito e apartado, onde non se escoite o canto do galo nin da galiña, nin voces humanas, levando un casco grande, de boca ancha, hai que abrilo e invocar o seguinte encantamento que fai que os biosbardos se metan no saco:
Eu son Leonardo,

Ti es Biosbardo,

Biosbardo, vinte pró saco,

Ca eu che agardo, e son Leonardo.




Se di que aquel que logre cazalos, terá sorte na vida; tamén se adoita gastar bromas á xente que non sabe o que son ( pola noite ) para cazar algo que non existe. A situación se da cando un grupo invita a alguén a cazar "biosbardos" de noite. Debido a que os invitados non coñecen o tema, adoitan aceptar. O caso é que estos non existen e os compinchados aproveitan a escuridade da noite para gastarlle algunha inocentada á víctima.


domingo, 23 de noviembre de 2014

O castro que deu orixe a Perlío

De tanto que estivemos a falar sobre castros, vida nos castros etc. decidín poñerme a investigar se no meu pobo, Perlío había algún, e tras moito indagar polo Internet, atopei que se ten constancia  dos seguintes:"Orra", "As Pías", "Cardoeiro", "Pena do Castro", "Prismos", "As Escadas" e "As Modias". Da maioría pouca información, por non dicir ningunha, se pode atopar, pero grazas ao libro "Perlío no pasado" escrito por María Xesús Arias e Henrique Sanfiz, puiden coñecer algo máis.

Nel podemos atopar unha información algo detallada do Castro de Cardoeiro, o único do cal se atoparon restos materiais, que sería a primeira orixe coñecida para o pobo de Perlío. O libro di o seguinte sobre este:

O Castro de Cardoeiro emprazábase a 20 metros de altitude. Asentábase sobre un outeiro, moi perto do mar, no entorno da igrexa de Santo Estebo de Perlío. Foi destruído no ano 1970 por mor dun aplanamento do terreo para Astano. Ubícabase no lugar de Castro, e o cemiterio parroquial ocupa parte del. Tratábase dun asentamento castrexo case circular duns 90 metros de diámetro e 30 metros de altitude que baixaba en desnivel natural ata o mar. Cando foi arrasado pola pá mecánica, o grupo de Operación de Rescate de Fene e algúns particulares, recolleron abondosos restos. Apareceron anacos de cerámica, tégula, un muíño de man e a súa volandeira, cunchas de ostra, algúns osos e unha moa.
A Real Academia de Bellas Artes da Coruña remitiu ao director da Operación Rescate unha comunicación que apuntaba á hipótese dun castro romanizado. Emilio Martín, mestre do colexio Fonte do Campo naquel momento, afirmaba que os restos correspondían a épocas diferentes. Os materiais atopados no Castro de Cardoeiro están distribuídos entre a Real Academia de Bellas Artes e as coleccións particulares de Juan Fernández Vizoso e Xosé Mª Perez Parallé.

A día de hoxe, o espazo no que noutro tempo estivera esta castro que deu o orixe ao pobo, o que atopamos é isto:


 

domingo, 16 de noviembre de 2014

A orixe do río Eume

O outra día, a miña avoa veu a comer a miña casa, e estando xa no postre, con motivo do Magosto comimos unhas castañas, entón a miña avoa nos contou unha anécdota de cando ía a recoller castañas na súa infancia polas beiras do río Eume, e fixo unha referencia a un mito sobre este río e a súa orixe, ela non se acordaba ben deste, e aproveitando esta entrada  decidín investigar máis acerca deste feito,
e atopei a seguinte historia:

Eran unha vez o río Eume, o río Xuvia e o río Mandeo e un día decidiron baterse nunha carreira; o primeiro que chegase ó mar podería pedir un desexo.

Ó fin dese día foron durmir e quedaron para as sete da mañá. O río Xuvia despertou ás cinco da mañá e aproveitando que os outros durmían, pensou:

―Partirei agora que eles durmen, chegarei o primeiro e pedirei ser o río máis longo!
O Mandeo despertou ás seis e vendo que o Xuvia xa non estaba, dixo:

―Partirei eu tamén, que aínda podo gañar e pedir ser o río máis caudaloso!

Ás sete despertou o Eume e vendo que non estaban os outros, encheuse de ira e partíu veloz arrasando todo o que atopou no seu camiño, e gañou.
Entón, furioso, pedíu que cada ano morrese como mínimo unha persoa nas súas augas.
E dende aquela sempre se cumpriu.



Exite outra versión deste mesmo mito recopilada no libro de Fermín Bouza Brey " Los mitos del agua del noroeste hispánico", nesa versión a diferenza fundamental consiste en que os ríos comezan sendo tres fontes irmás. 

Ben, que trata de explicar este mito ? a resposta é sinxela, os homes da antigüedade crearon historias coma estas co obxetivo de explicar os feitos da natureza, a través de esta pequena narración nos explican o motivo da perigosidade do río Eume,  xa que éste, enfurecido, tivo que atravesar montañas e vales a toda velocidade para gañar a carreira, o que explica a súa bravura, así como tamén explica as frecuentes mortes que tiveron lugar nel, a través do desexo deste. Tamén trata de aclararnos que é o máis longo dos tres por gañar dita carreira. 

Tan só son vellos contos, pero é interesante ver como a xente da antigüedade se esforzaba por explicar os feitos do seu arredor, creando historias ben bonitas polo camiño, como estas hai outras moitas, pero diso xa se falará noutra ocasión. 

domingo, 2 de noviembre de 2014

A Ría do Burgo

Neste días está a soar con forza nos medios de comunicación o tema da desfeita ambiental que está acontecendo na Ría do Burgo.

 Dende hai varios anos esta ría sofre unha situación moi perxudicial tanto para toda a cidadanía como para as numerosas familias que viven do marisqueo, o problema está ben claro: os vertidos de residuos sobre a  ría.


Isto débese en gran medida ao incuprimento das normativas e a falta de actuación das organizacións gubernamentais. Este é outro aspecto máis das miles de ameazas que poderíamos atopar sobre a "Galicia Bonita" da que tanto tempo estamos a falar.

Por sorte os veciños da ría non se quedaron parados ante esta situación, e, unidos pola preocupación por este espazo natural fundaron a Plataforma para a defensa da Ría do Burgo, co obxetivo de devolver á ría ao estado que merece.


Grazas ás accións de xente coma esta que se moviliza e se solidariza por esta clase de causas a "Galicia Bonita" que tanto amamos quizá non desaparecerá, porque non importa que clases de atrocidades sucedan, xa que; o pobo unido xamáis será vencido.