e atopei a seguinte historia:
Eran unha vez o río Eume, o río Xuvia e o río Mandeo e un día decidiron baterse nunha carreira; o primeiro que chegase ó mar podería pedir un desexo.
Ó fin dese día foron durmir e quedaron para as sete da mañá. O río Xuvia despertou ás cinco da mañá e aproveitando que os outros durmían, pensou:
―Partirei agora que eles durmen, chegarei o primeiro e pedirei ser o río máis longo!
O Mandeo despertou ás seis e vendo que o Xuvia xa non estaba, dixo:
―Partirei eu tamén, que aínda podo gañar e pedir ser o río máis caudaloso!
Ás sete despertou o Eume e vendo que non estaban os outros, encheuse de ira e partíu veloz arrasando todo o que atopou no seu camiño, e gañou.
Entón, furioso, pedíu que cada ano morrese como mínimo unha persoa nas súas augas.
E dende aquela sempre se cumpriu.
Exite outra versión deste mesmo mito recopilada no libro de Fermín Bouza Brey " Los mitos del agua del noroeste hispánico", nesa versión a diferenza fundamental consiste en que os ríos comezan sendo tres fontes irmás.
Ben, que trata de explicar este mito ? a resposta é sinxela, os homes da antigüedade crearon historias coma estas co obxetivo de explicar os feitos da natureza, a través de esta pequena narración nos explican o motivo da perigosidade do río Eume, xa que éste, enfurecido, tivo que atravesar montañas e vales a toda velocidade para gañar a carreira, o que explica a súa bravura, así como tamén explica as frecuentes mortes que tiveron lugar nel, a través do desexo deste. Tamén trata de aclararnos que é o máis longo dos tres por gañar dita carreira.
Tan só son vellos contos, pero é interesante ver como a xente da antigüedade se esforzaba por explicar os feitos do seu arredor, creando historias ben bonitas polo camiño, como estas hai outras moitas, pero diso xa se falará noutra ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario