domingo, 21 de diciembre de 2014

Os mestres do Pataca `n Roll

Despois de un intento fallido de abordar a temática teatral, pásome á múscia e  me dispoño a falarvos dun grupo que descubrín de pura casualidade, xa que cando andaba buscando algún tema que comentar os vin nunha miniatura do Youtube na esquina da miña pantalla, chamoume a atención o seu nome e as súas pintas, son Os Vacalouras, un grupo musical formado por 4 rapaces de Teis, teñen unha curta traxectoria, (comezaron no ano 2007) pero un estilo único.

Son os inventores do que eles chaman o Pataca `n Roll, cunhas letras cheas de inventiva feitas para rir, (como pode indicar o nome do xénero) fan como unha parodia pero á vez se mostran orgullosos dese tópico que hai fronte aos galegos de que son xente de campo, brutos e incultos. Nas súas letras son frecuentes palabras como pirola, carallo e outras palabras tan tipical galician, ou as adaptacións ao galego de palabras inglesas como "party hard" a "party jard" coas que lle dan un toque humorístico ao seu traballo.


E que, con estas pintas que levan, que pode fallar ? xa eles de por sí transmiten un bo rollo, unha locura e un bizarrismo que ante o que só se pode levantarse un para aplaudir. Bueno, como non se pode falar de música  sen escoitala, deixóvos aqui debaixo o videoclip do seu  tema A Desbrozadora (e que xa o título é espectacular), espero que vos guste:

Isto tan só e a punta do iceberg, sen ter un repertorio moi longo teñen un bo puñado de temas que son tamén moi disfrutables como por exemplo, Trillei a Pirola coa tapa do vater (outro título espectacular), entre outros moitos,

Vai pouco tempo, estrearon un novo Ep, chamado "Eres punki i non o sabes" o cal recomendo encarecidamente dende aqui.


Como final, agradecer o bo rato que me fixeron pasar Os Vacalouras, e dexexar que estén de volta pronto con máis temazos.

Un Saudo.



domingo, 14 de diciembre de 2014

Sempre Xonxa, 3 vidas en 4 episodios.

ARGUMENTO: Sempre Xonxa é un filme sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas que viven placidamente na mesma aldea están platonicamente namorados de Xonxa. Pero un dos rapaces, O Birutas, ten que emigrar deixando a Xonxa e a Pancho na aldea. Cando O Birutas regresa da emigración, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada con Pancho.

Sempre Xonxa, película do ano 1989, dirixida por Chano Piñeiro e protagonizada por Uxía Blanco  (Xonxa), Miguel Ínsua (Birutas) e Xavier R. Lourido (Pancho).



Antes de comezar a falar de todo o despliegue da trama da película e empezar a comentar as diferentes anotacións que fixen mentres veía a mesma, teño que dicir que antes de vela eu non sabía nada de esta película, non como hoxe en día que cando un vai ao cine xa entre os trailers e xente que xa a viu xa sabes media película, e  é máis difícil que te sorprenda; tamén é certo que ía coas expectativas baixas ante a longametraxe, por tratarse dunha obra antiga a cal o paso do tempo lle puido facer mal.



A partir de aquí se mencionarán puntos clave da trama, así que se non viste a película e tes intención de vela, non sigas lendo.



A historia divídese en 4 partes, e cada unha corresponde ás diferentes etapas da vida dunha persoa, comeza no ano 1947  coa infancia dos protagonistas nun ambiente rural moi ben recreado, no que prima a inocencia, a sencillez, e a  alegría propia da infancia, xunto con algunha escena cómica, co obxetivo de resaltar esta parte tan feliz da vida. Durante este episodio se presentarán aos 3 personaxes sobre os cales xirará a acción, pero aínda non queda claro de que maneira sucederá todo.


O Caladiño (Miguel Casteleiro), quen aportará a vertente cómica á cinta.


Entón ten lugar un brusco salto temporal, de uns 10 anos (aínda que en ningún momento o especifican, cousa que se solucionaría con un simple rótulo de: X anos despois.). Chegamos á adolescencia dos personaxes e ao primeiro punto de inflexión, Birutas lle confesa o seu amor a Xonxa, pero este ten que emigrar cara América e lle pide a ela que lle espere. Pero durante a ausencia de Birutas, Xonxa acaba por namorarse de Pancho e casando con el, e que en ningún momento Xonxa lle asegura ao outro que lle vai esperar.
A esquerda, Miguel Ínsua (Birutas), a dereita Uxía Blanco (Xonxa)


Avanzamos uns 10 anos máis no tempo (supoñamos, porque seguen sen especificalo). Estamos nos carnavais, e nos enteramos de que Xonxa e Pancho tiveron unha nena á que chaman Xonxiña; todo e alegría e costumismo como o da primeira etapa, pero, de pronto aparece un home con roupas e coche que non teñen pinta de ser moi baratos. Trátase do Birutas, quen volveu rico da súa emigración e ven a por Xonxa, quen o esperou por todos este anos. Pero, se leva a decepción do matrimonio de Xonxa. 

Birutas, quen ata este momento poderíamos considerar o heroe da película, e quen apoiábamos na súa busqueda do amor, comeza a volverse tolo e a facer algunhas accións co obxetivo de conseguir a Xonxa, que o acabarán convertindo no malo da historia. Accións como enganar a Pancho para emigrar a América o forzar a Xonxa ata o punto de que ela non sepa de cal dos dous homes está embarazada.

Chegamos ao último salto no tempo, os protagonistas xa están cerca da terceira idade, Pancho xa regresou da emigración e os seus fillos xa son maiores. Pero Birutas volve a entrar en escena, e tras intentar matar a un dos amigos de Xonxa (o alcumado O Caladiño, o cal aparece durante toda a película cun obxetivo de distracción cómica pero sen chegar a ter unha grande importancia na trama), Xonxa a punto está de matar a Birutas, máis non o fai, pero cando Pancho se entera o comeza a buscar polo pobo co machado na mano decidido a acabar coa vida deste. A película termina co Birutas intentando suicidarse pero sendo salvado polo outros ( os cales, parecen olvidar de repente as gañas de matalo). Pasamos aos créditos, a odisea remata sen un final específico, a confrontación entre Pancho e Birutas non chega, ese é o premio ao espectador.

Se ben é certo que é unha película moi ben estrucutarada, que no seu tempo abriu a veda á realización de moitas máis películas en galego, ten algúns puntos nos que hai que darlle algún tirón de orellas, como que algúns personaxes como O Caladiño non cambian de aspecto co tempo, o pobo non sofre ningún cambio en 40 anos de acción, tamén ao longo de toda a cinta son frecuentes as escenas en silencio amosando as paisaxes, ou da vida no mundo rural, que poden axudar a introducir máis ao espectador no ambiente, pero  é un recurso do que se chega a abusar e ao final deixa a sensación de que se utiliza para prolongar a duración da película. Como última queixa, dicir que o final ademáis de ser insatisfactorio, deixa preguntas sin responder, como cal é o pai do segundo fillo de Xonxa.

En liñas xerais, a película sen presentar un argumento moi novidoso, a técnica narrativa dos salros temporais é a metáfora desta coas estacións e as etapas da vida, dalle un punto moi positivo á historia, o producto é bó, máis as escenas innecesarias restanlle brillantez a unha historia que contada en 20 minutos menos deixaría un mellor sabor de boca. Na miña opinión Sempre Xonxa é unha película que sen chegar a ser unha obra mestra, é bastante entretida.



lunes, 8 de diciembre de 2014

As escolas de indianos no concello de Fene

Neste últimos días, no local social de Limodre ( parroquia do concello de Fene ) tivo lugar unha exposición titulada Luces de Alén Mar, a cal recollía numerosa infromación sobre as escolas de indianos repartidas por toda a xeografía galega.

Na Galicia de finais do século XIX e principios do XX, a emigración deixou a súa pegada en numerosos aspectos da sociedade do momento. Entre 1881 e 1938 ata un millón e medio de persoas saíron cara América.

Tras ser conscientes estes emigrantes da necesidade da formación intelectual nos seus traballos por terras americanas, comezaron a destinar as súas aportacións económicas á construcción de centros educativos. Son moitas as construccións de este tipo as que podemos atopar por toda Galicia, mai eu voume centrar nas que se atopan na miña zona, no concello de Fene.

O propio local onde estaba situada a exposición foi noutro tempo unha escola, escola construída grazas ao empeño de D.Juan Varela Grande, emigrante da parroquia en Cuba, quen liderou a un grupo dos seus paisanos para recaudar fondos que enviaron á súa terra natal


Este é o aspecto actual de dita escola, agora convertida en local social.
E este o que tiña no ano 1977, cando funcionaba como escola de educación infantil e primaria.



Esta non é a única escola indiana de Fene, hai outra máis situada na propia parroquia de Fene, na zona de Chamoso, É o Edificio do Grupo Escolar Concepción Arenal (non sei se vos soará o nome), o cal foi construído no ano 1916, e que hoxe en día xa non serve como escola, pero utilízase como local para actividades extraescolares.


Ambas arquitecturas son do mesmo estilo, estilo colonial español.

Trátase dun estilo que xurdiu nas primeiras colonias españolas nas Américas e nas Illas Filipinas. Xorde da combinación de influencias nativas americanas e árabes, cunha interpretación extremadamente expresiva do churrigueresco (estilo arquitectónico español da etapa barroca, que chegou ata América, onde tivo gran éxito, especialmente en países como México), que podería explicar a variedade e intensidade do barroco nas colonias americanas de España. Entre as principais características do estilo destacan, os pisos de terracota, o uso de arcos de medio punto nas galerías, as pardes blancas e os nichos profundos para portas e ventanas


Grazas a estas construccións promovidas dende o outro lado do charco, toda unha xeración galega puido aprender a ler, escribir, entre outras cousas hoxe en día tan básicas. Quizáis grazas a este grupo de pioneiros é polo que hoxe podemos falar dunha Galicia culta. Estas arquitecturas, a  parte de ser obras de arte por si mesmas, tamén axudaron a formar aos que nun futuro serían os expoñentes das diferentes artes en Galicia.