domingo, 14 de diciembre de 2014

Sempre Xonxa, 3 vidas en 4 episodios.

ARGUMENTO: Sempre Xonxa é un filme sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas que viven placidamente na mesma aldea están platonicamente namorados de Xonxa. Pero un dos rapaces, O Birutas, ten que emigrar deixando a Xonxa e a Pancho na aldea. Cando O Birutas regresa da emigración, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada con Pancho.

Sempre Xonxa, película do ano 1989, dirixida por Chano Piñeiro e protagonizada por Uxía Blanco  (Xonxa), Miguel Ínsua (Birutas) e Xavier R. Lourido (Pancho).



Antes de comezar a falar de todo o despliegue da trama da película e empezar a comentar as diferentes anotacións que fixen mentres veía a mesma, teño que dicir que antes de vela eu non sabía nada de esta película, non como hoxe en día que cando un vai ao cine xa entre os trailers e xente que xa a viu xa sabes media película, e  é máis difícil que te sorprenda; tamén é certo que ía coas expectativas baixas ante a longametraxe, por tratarse dunha obra antiga a cal o paso do tempo lle puido facer mal.



A partir de aquí se mencionarán puntos clave da trama, así que se non viste a película e tes intención de vela, non sigas lendo.



A historia divídese en 4 partes, e cada unha corresponde ás diferentes etapas da vida dunha persoa, comeza no ano 1947  coa infancia dos protagonistas nun ambiente rural moi ben recreado, no que prima a inocencia, a sencillez, e a  alegría propia da infancia, xunto con algunha escena cómica, co obxetivo de resaltar esta parte tan feliz da vida. Durante este episodio se presentarán aos 3 personaxes sobre os cales xirará a acción, pero aínda non queda claro de que maneira sucederá todo.


O Caladiño (Miguel Casteleiro), quen aportará a vertente cómica á cinta.


Entón ten lugar un brusco salto temporal, de uns 10 anos (aínda que en ningún momento o especifican, cousa que se solucionaría con un simple rótulo de: X anos despois.). Chegamos á adolescencia dos personaxes e ao primeiro punto de inflexión, Birutas lle confesa o seu amor a Xonxa, pero este ten que emigrar cara América e lle pide a ela que lle espere. Pero durante a ausencia de Birutas, Xonxa acaba por namorarse de Pancho e casando con el, e que en ningún momento Xonxa lle asegura ao outro que lle vai esperar.
A esquerda, Miguel Ínsua (Birutas), a dereita Uxía Blanco (Xonxa)


Avanzamos uns 10 anos máis no tempo (supoñamos, porque seguen sen especificalo). Estamos nos carnavais, e nos enteramos de que Xonxa e Pancho tiveron unha nena á que chaman Xonxiña; todo e alegría e costumismo como o da primeira etapa, pero, de pronto aparece un home con roupas e coche que non teñen pinta de ser moi baratos. Trátase do Birutas, quen volveu rico da súa emigración e ven a por Xonxa, quen o esperou por todos este anos. Pero, se leva a decepción do matrimonio de Xonxa. 

Birutas, quen ata este momento poderíamos considerar o heroe da película, e quen apoiábamos na súa busqueda do amor, comeza a volverse tolo e a facer algunhas accións co obxetivo de conseguir a Xonxa, que o acabarán convertindo no malo da historia. Accións como enganar a Pancho para emigrar a América o forzar a Xonxa ata o punto de que ela non sepa de cal dos dous homes está embarazada.

Chegamos ao último salto no tempo, os protagonistas xa están cerca da terceira idade, Pancho xa regresou da emigración e os seus fillos xa son maiores. Pero Birutas volve a entrar en escena, e tras intentar matar a un dos amigos de Xonxa (o alcumado O Caladiño, o cal aparece durante toda a película cun obxetivo de distracción cómica pero sen chegar a ter unha grande importancia na trama), Xonxa a punto está de matar a Birutas, máis non o fai, pero cando Pancho se entera o comeza a buscar polo pobo co machado na mano decidido a acabar coa vida deste. A película termina co Birutas intentando suicidarse pero sendo salvado polo outros ( os cales, parecen olvidar de repente as gañas de matalo). Pasamos aos créditos, a odisea remata sen un final específico, a confrontación entre Pancho e Birutas non chega, ese é o premio ao espectador.

Se ben é certo que é unha película moi ben estrucutarada, que no seu tempo abriu a veda á realización de moitas máis películas en galego, ten algúns puntos nos que hai que darlle algún tirón de orellas, como que algúns personaxes como O Caladiño non cambian de aspecto co tempo, o pobo non sofre ningún cambio en 40 anos de acción, tamén ao longo de toda a cinta son frecuentes as escenas en silencio amosando as paisaxes, ou da vida no mundo rural, que poden axudar a introducir máis ao espectador no ambiente, pero  é un recurso do que se chega a abusar e ao final deixa a sensación de que se utiliza para prolongar a duración da película. Como última queixa, dicir que o final ademáis de ser insatisfactorio, deixa preguntas sin responder, como cal é o pai do segundo fillo de Xonxa.

En liñas xerais, a película sen presentar un argumento moi novidoso, a técnica narrativa dos salros temporais é a metáfora desta coas estacións e as etapas da vida, dalle un punto moi positivo á historia, o producto é bó, máis as escenas innecesarias restanlle brillantez a unha historia que contada en 20 minutos menos deixaría un mellor sabor de boca. Na miña opinión Sempre Xonxa é unha película que sen chegar a ser unha obra mestra, é bastante entretida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario