Na Galicia de finais do século XIX e principios do XX, a emigración deixou a súa pegada en numerosos aspectos da sociedade do momento. Entre 1881 e 1938 ata un millón e medio de persoas saíron cara América.
Tras ser conscientes estes emigrantes da necesidade da formación intelectual nos seus traballos por terras americanas, comezaron a destinar as súas aportacións económicas á construcción de centros educativos. Son moitas as construccións de este tipo as que podemos atopar por toda Galicia, mai eu voume centrar nas que se atopan na miña zona, no concello de Fene.
O propio local onde estaba situada a exposición foi noutro tempo unha escola, escola construída grazas ao empeño de D.Juan Varela Grande, emigrante da parroquia en Cuba, quen liderou a un grupo dos seus paisanos para recaudar fondos que enviaron á súa terra natal

Este é o aspecto actual de dita escola, agora convertida en local social.
E este o que tiña no ano 1977, cando funcionaba como escola de educación infantil e primaria.
Esta non é a única escola indiana de Fene, hai outra máis situada na propia parroquia de Fene, na zona de Chamoso, É o Edificio do Grupo Escolar Concepción Arenal (non sei se vos soará o nome), o cal foi construído no ano 1916, e que hoxe en día xa non serve como escola, pero utilízase como local para actividades extraescolares.
Ambas arquitecturas son do mesmo estilo, estilo colonial español.
Trátase dun estilo que xurdiu nas primeiras colonias españolas nas Américas e nas Illas Filipinas. Xorde da combinación de influencias nativas americanas e árabes, cunha interpretación extremadamente expresiva do churrigueresco (estilo arquitectónico español da etapa barroca, que chegou ata América, onde tivo gran éxito, especialmente en países como México), que podería explicar a variedade e intensidade do barroco nas colonias americanas de España. Entre as principais características do estilo destacan, os pisos de terracota, o uso de arcos de medio punto nas galerías, as pardes blancas e os nichos profundos para portas e ventanas
Grazas a estas construccións promovidas dende o outro lado do charco, toda unha xeración galega puido aprender a ler, escribir, entre outras cousas hoxe en día tan básicas. Quizáis grazas a este grupo de pioneiros é polo que hoxe podemos falar dunha Galicia culta. Estas arquitecturas, a parte de ser obras de arte por si mesmas, tamén axudaron a formar aos que nun futuro serían os expoñentes das diferentes artes en Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario