De tanto que estivemos a falar sobre castros, vida nos castros etc. decidín poñerme a investigar se no meu pobo, Perlío había algún, e tras moito indagar polo Internet, atopei que se ten constancia dos seguintes:"Orra", "As Pías", "Cardoeiro", "Pena do Castro", "Prismos", "As Escadas" e "As Modias". Da maioría pouca información, por non dicir ningunha, se pode atopar, pero grazas ao libro "Perlío no pasado" escrito por María Xesús Arias e Henrique Sanfiz, puiden coñecer algo máis.
Nel podemos atopar unha información algo detallada do Castro de Cardoeiro, o único do cal se atoparon restos materiais, que sería a primeira orixe coñecida para o pobo de Perlío. O libro di o seguinte sobre este:
O Castro de Cardoeiro emprazábase a 20 metros de altitude. Asentábase sobre un outeiro, moi perto do mar, no entorno da igrexa de Santo Estebo de Perlío. Foi destruído no ano 1970 por mor dun aplanamento do terreo para Astano. Ubícabase no lugar de Castro, e o cemiterio parroquial ocupa parte del. Tratábase dun asentamento castrexo case circular duns 90 metros de diámetro e 30 metros de altitude que baixaba en desnivel natural ata o mar. Cando foi arrasado pola pá mecánica, o grupo de Operación de Rescate de Fene e algúns particulares, recolleron abondosos restos. Apareceron anacos de cerámica, tégula, un muíño de man e a súa volandeira, cunchas de ostra, algúns osos e unha moa.
A Real Academia de Bellas Artes da Coruña remitiu ao director da Operación Rescate unha comunicación que apuntaba á hipótese dun castro romanizado. Emilio Martín, mestre do colexio Fonte do Campo naquel momento, afirmaba que os restos correspondían a épocas diferentes. Os materiais atopados no Castro de Cardoeiro están distribuídos entre a Real Academia de Bellas Artes e as coleccións particulares de Juan Fernández Vizoso e Xosé Mª Perez Parallé.
A día de hoxe, o espazo no que noutro tempo estivera esta castro que deu o orixe ao pobo, o que atopamos é isto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario