domingo, 11 de enero de 2015

Xaquín Marín: debuxante,humorista, caricaturista e ilustrador

Cando servidor colle un exemplar do xornal La Voz de Galicia, o comeza polo final, buscando a sección de deportes, buscando a ver que din eses corvos do meu Dépor, pero antes de chegar alí e de enfadarme polo 4 que lle dan a Laure todalas semanas, fago unha parada na folla de pasatempos; non, non é polos sudokus nin polos crucigramas, senón por ver o debuxo de turno de Xaquín Marín.



Xaquín Marín é probablemente o debuxante galego máis destacado. Naceu en Ferrol o 10 de outubro de 1943. A súa traxectoria é amplísima, contribuíndo principalmente con tiras cómicas onde describe a actualidade con un sentido do humor único. A súa obra figurou nas páxinas de numerosos xornais galegos, españoles e incluso do extranxeiro, algúns deles son: El Ideal Gallego, Teima, Le Telegramme, Hermano Lobo.... e un longo etc.


Máis non só se limita á isto a súa obra, tamén publicou unha gran variedade de por comics por expemplo: Ratas, Das Capital e H2Oil, entre outros.


Tamén ten unha grande cantidade de albums publicados dende o seu debut con 2 viaxes en 1976 en compañia de Raimundo Patiño, ata As Dúas Viaxes en 2010, son máis de 10 os seus recopilatorios de banda deseñada e humor gráfico.

Quizás a súa maior obra é o Museo do Humor de Fene que el promoveu e dirixiu ata a súa xubilación en 2010, este museo é único de Europa centrado no humor gráfico tanto galego como internacional, contén máis de 3000 orixinais de gran cantidade de autores. Tamén dende este mesmo museo Xaquín dirixiu a publicación da revista trimestral Sapoconcho dende o 1994 ata o 2000 contando con 19 números máis 2 especiais.

A súa contribución non remata aquí, tamén foi membro fundador de FECO España, organización de debuxantes de humor creada no 1992 que ten como obxetivo de agrupar, potenciar, defender e valorar o debuxo de humor, e membro da Academia de Humor de Pozuelo de Madrid. O seu palmarés é enorme, son moitas as distincións que recibiu recoñecendo a súa carreira e a súa labor, tales como o Premio Galicia de Periodismo, ( en 3 ocasións ) o premio ao Gallego do Ano en 1997, a Vieira do humor en 1983 e mesmo recoñecementos internacionais como o 1º premio bienal de Gravobo en Bulgaria.



Para rematar, deixovos aquí debaixo algunha mostra das súas viñetas nas que fai gala de seu sentido do humor tan especial e encantador, así como a que realizou recentemente tras o atentado yihadista que tivo lugar en París homenaxeando a Charlie Hebdo.




Un Saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario