Hola, hoxe vou falar do que está a suceder no malecón do río Sarria, unha obra que atenta contra a fauna e a flora do río e a resposta que tivo entre os veciños da localidade, imos alá.
Os veciños de Sarria opoñéronse a este proxecto, e formaron a chamada Plataforma Sarriana Polo Río apoiada por Adega e AEMS-Ríos con vida, comezan as campañas de recollidas de firmas e demais actos co obxetivo de concienciar á xente sobre os problemas que conlevaría este proxecto.
A plataforma pediu ao concello que expuxera o proxecto a debate dos veciños, pero o alcalde de Sarria, José Antonio García, negouse rotundamente, ao considerar que as obras eran vitales para o futuro do pobo.
Xaneiro 2014: A pesar da negativa do pobo, as obras comezan, a tala de árbores é inminente, estas atopánse marcadas con cruces vermellas, pero entón, a Plataforma movilízase; as cruces trocan en corazóns e os veciños encadéanse ás árbores durante un mes enteiro, pero finalmente foron desaloxados pola policía.
Marzo 2014: A Plataforma continuou coas súas accións a pesar deste contratempo, os veciños concentráronse fronte ao concello, e mediante unha denuncia no xulgado de Sarria conseguiron parar ás motoserras, que retomaran a tala tras a evacuación dos veciños.
Maio 2014: a Confederación Hidrográfica saca un comunicado no que expón unha reforma do proxecto que, entre outras cousas, falaba dunha reducción do 95% das árbores taladas. A guerra veciñal conseguiu que ese 5% restante de tala non se puidera realizar ata o 1 de outubro, debido a que o permiso que require esta acción so está disponible dende esta fecha ata o 1 de abril.
Con isto chegamos ao 15 de outubro de 2014, día no que o Consello da Cultura dá a razón aos grupos ecoloxistas e recoñece ao bosque de ribeira de ameneiros e olmos como de "conservación prioritaria" e os seus elementos "insubstituíbeis".
Se ben é certo que a loita en Sarria aínda non terminou, todo parece de cara para que as intencións da Plataforma sexan recompensadas, ante todo animo ao grupo a continuar coa súa cruzada por unha causa que considero xusta. Grazas polo voso tempo e un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario