Bos días, seguro que esta paisaxe vos soa, trátase da ría de Ferrol, vista dende a ponte das Pías, una vista espectacluar, fermosa, incrible; pero entón, camiñas un pouco máis e atopas isto...
Sí, ese escremento que noutra vida fóra un colchón, leva alí ao lado da gasoliñeira da ponte máis anos dos que podo recordar, e é probable que siga alí durante máis anos dos que eu poderei vivir. Coma este, podemos atopar unha cantidade infinita de lixo depositado en lugares incorrectos por toda a xeografía galega, e a pregunta que me formulo é a seguint, porqué sucede isto ? é culpa de persoas coma ti o coma min ? é culpa dos representantes políticos ?
A resposta é ben simple, de ambos bandos, tampouco é que eu descubrira América, a falta de concienciación ambiental tanto en Galicia coma en España é algo máis antigo que o propio lixo que está a "embelecer" a paisaxe; o concepto de conciencia ambiental defínese como: entender como inflúen as accións de cada día no medio ambiente e como isto afecta ao futuro do noso espacio.
Nesta sociedade, os crímenes contra o medio ambiente que poderían chegar a comprometer o futuro das xeracións vindeiras son temas que se atopan nun segundo ou tercer plano en comparación con outros de "vital importancia" como a actividade sexual dunha panda de desfeitos sociais nun reality show, ou o cambio de peiteado dun xogador X de fútbol, e a culpa disto témola nós, os mesmos que tiramos ese colchón por non molestarnos en levalo a un punto limpo porque nos da "pereza" e é máis doado deixalo alí, pero tamén hai outro papel, que é o de xente como eu mesmo, que o vemos todos os días e non chamamos á autoridade competente para que o retire e o deposite non punto limpo.
Máis non toda a responsabilidade deste tema é do pobo, as políticas de control de residuos promovidas polos mandatarios políticos non abarcan todo aquilo que deberían e aparte tampouco funcionan coma din que funcionan, non respetan os horarios de recollida, non recollen todo o que atopan...etc.
En resumen e concluíndo, o feito de que Galicia esté así de contaminada e "bonita", non é por falta de medios para arranxalo, senón que se trata dun problema raíz, dun problema desta sociedade durmida, que non fai nada para cambiar esta situación, nin lle exixe solucións aos seus representantes políticos. E se seguimos así (me inclúo) estampas como as de ese colchón seguirán alí por moitos anos máis. Moitas grazas por ler as miñas sandeces e un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario