jueves, 14 de mayo de 2015

Compro Votos

E Mariano Rojoy III, sae elexido cunha maioría absoluta, a dinastía dos Rajoy seguirá no poder durante catro anos máis, e xa van 50 dende aquilas eleccións de 2011 !- Informou Jordi Hurtado para Tve.

Hoxe en día, en 2051 vivimos nun mundo que leva sufrindo agora por máis de cincuenta anos aquela crise económica que comezara en 2007, moitos vos preguntaredes como é posible que alguén co apelido Rajoy siga no poder hoxe. A resposta é sinxela, a crise económica seguiu e agravouse nestes cincuenta anos, neste tempo os ricos pasaron a ser todavía máis ricos, mentras que os pobres seguiron e seguen a ser todavía máis pobres, a fame, e mesmo a falta dun teito baixo o cal vivir eran suficientes preocupacións para o pobo como para andar preocupados da política, ata que, ante esta situación mesmo chegou a legalizarse a compra de votos, a democracia tornou en demagoxia, e pais e nais de familia víronse necesitados de poñer á venta o seu dereito democrático votar, a decidir libremente quen lles goberna. Esta situación de compraventa de votos non é que fora desaproveitada polos máis privilexiados, xa que os pobres pouco viven de vender os seus dereitos nunha única ocasión, e aos ricos lles interesa modelar o marco legal para levar a cabo as súas actividades da forma máis beneficiosa, beneficiosa só para eles, por suposto.


 É por iso que no ano 2051, un domingo de referendum é o máis normal do mundo, xa sexa para o aumento da xornada laboral, impedir a emigración, abaratamento do despido, reducción do salario mínimo, e mesmo poñer en entredito os dereitos naturais, é por iso tamén que partidos como o do señor Rajoy reinan sen ningunha oposición hoxe en día, obviamente, quen se vai negar a vender unha triste a papeleta cando lle poñen catro billetes na cara, se apenas tes para comprar unha triste barra de pan ? ti, ti que me estas a ler, no xuzgues á xente deste mundo, xa que é ao mundo ao que outros por detrás miña chegaron, no ano 2051, 2015 ou 1789, o home non é bo por natureza como os filósofos gregos se empeñaron en demostrar, o home é egoísta por natureza, ti que me les, non trato de xustificar aos privilexiados, nin ao sistema, tan só a un cidadán que quere alimentar á súa familia nesta ditadura encuberta.

Respondendo as posibles preguntas que te poias estar facendo, se os ricos conseguen todo o que queren ante unha nula oposición, porque nos seguen a pagar polo noso voto e manteñen este sistema? a resposta máis lóxica que che podo dar sería que eles son seres crueles e que se divirten máis deste modo, ou quizá que con isto gradan un pouco a imaxe ante os países extranxeiros, xa que por susposto isto só pasa en España, Spain is different dicían, pois resulta que si. E porque non emigramos ? porque nos teñen collidos polos collós, como se da época feudal se tratara, estamos totalmente restrinxidos a cambio dunha cunca de leite e unhas migas de pan, mais algún valiente hay que cruza o charco cara un país do primeiro mundo, pero quen sofre as consecuencias é a súa familia, asi que hai poucos que o intentan, en canto a min, non sei se será o apego pola terra, a responsabilidade ante a miña familia, que ao final a todo de acostumas ou a esperanza de que isto cambie e a distopía que ti imaxinas torne en utopía no futuro o que me impide deixar inferno chamado Galiza.

O home tende a ser egoísta por natureza dixen alá atrás, pero hai algo que nos diferenza a ti e a min, ti que non vives nuha distopía e eu que sí, eu cheguei a esta situación por culpa dos que están por detras miña, e ti, mellor dito, e vos aínda podedes traballar por cambiar o futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario