jueves, 14 de mayo de 2015

A cidade da felicidade

Estamos no ano 2050, a tecnoloxía informática avanzou a un ritmo impresionante, o mundo civilizado se atopa con todos os aspectos da vida informatizados e controlados a través desta teconoloxía. O transporte particular desapareceu por completo xa que chegou un punto no que este acabou sendo innecesario, xa que o funcionamento do sistema de comunicacións e o transporte público funcionan dun modo óptimo, tampouco hai problemas de contaminación neste aspecto, xa que os autobuses e trenes funcionan todos con electricidade. As fontes de enerxía utilizadas neste futuro son todas enerxías renovables como a enerxía solar, hidroeléctrica ou mareomotriz. A diversidade biolóxica non corre perigo algún, as especies animais se manteñen en cautividade cun control moi especializado e cun reconto dos efectivos de cada especie actualizado continuamente, o dos vexetais non é para menos, parques, xardíns botánicos e árbores decoran as cidades do 2050, tamén mantendo a biodiversidade, todas estas son regadas automáticamente polas máquinas.

O mundo en 50 anos está controlado e regulado pola informática, pero tamén gobernado por esta, un grande ordenador centraliza todas as decisións e todas a autoridade do mundo, contando con diferentes ordenadores filiales nos diferentes países para especializar as súas decisións. Este goberno informático lévase dende a sombra, realmente existen figuras de autoridade humanas para executar as decisións dos ordenadores, estes son simples monicreques que únicamente se serven como personaxes carismáticos que manteñan ao pobo contento e en paz.

A vida no futuro é moito máis sencilla e lineal, a través dunha serie de test realizados as persoas na súa infancia se determina a súa vocación e se lles pasa a adestrar no traballo para o cal están destinados. Os nenos van á escola ata os 16 anos e se forman só no necesario para o seu emprego futuro, no cal comezan a traballar de modo inmediato tras rematar os estudos, segundo as necesidades do mercado que o ordenador determine, en caso negativo pasan a formarse nunha segunda vocación.

A maioria de idade fixouse nos 18 anos, a partir desa idade se permite o matrimonio, pero só entre persoas do mesmo status social, e a reproducción tamén se atopa regulada polas máquinas segundo as necesidades demográficas. Por último, falar do entretemento no futuro, o cal se basea principalemente na television, con obras de temáticas banais e intranscendentes.

Mais con todo o mencionado porque ía eu a estar falando dunha distopía, unha vida sencilla na que todo está resolto dende o minuto un, e todo funciona perfectamente. Probablemente o feito de que todo o que vive nesas cidades tecnolóxicas non é humano, pasa a ser unha máquina tamén, alguén que non pensa, non cuestiona e máis importante que iso, que non imaxina. Un humano incapaza de ser diferente do de enfrente no é un humano, únicamente é un pobre desgraciado.

Xa sexa por sorte ou por desgracia aínda quedamos un grupo de humanos plenos que viven ao marxe das cidades para máquinas, "os outros" como eles nos refiren, nos coñecen como un grupo de locos que non quixeron vivir no mundo feliz. Pobres, é o que eu digo deles, seremos uns desahuciados da sociedade para eles, eu penso simplemente que somos uns verdadeiros humanos, que vivimos quizá con moitas dificultades, nas profundidades das montañas como se fóramos nómada das montñas, pero somos as persoas capaces de imaxinar de materializar os seus soños, de ter soños e esperanzas, de buscar entretemento e de relacionarnos con outros coma nós, xa sexa co amor, odio, amistade ou enemistade. Pode que a nosa vida sexa máis complicada, pero innegablemente máis propia e divertida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario