jueves, 14 de mayo de 2015

O home é o lobo do home

Durante as primeiras décadas do século XXI, moito se estaba a falar do quencemento global e as consecuencias que tería no futuro, o aumento da temperatura do planeta ía ocasionar que os polos se derretiran e o nivel do mar subira dun modo desmedido ata o punto ou ben de dificultar moito a vida na superficie ou ben de facer que esta fora totalmente imposible.

Os gobernos dos países máis importantes do mundo, poucas medidas tomaron para evitalo, xa que presionar a través da creación de leis que penalizaran as actividades contaminantes non se atopa na mente de aqueles que se ponían por e para o pobo, os intereses propios y sobretodo os intereses económicos reinaban naquel momento.

Esta actitud fixo que as premonicións se cumpliran e non só os polos acabaron por derreterse senón que ríos e mares contamináronse polos vertidos das fábricas desas empresas que movían o mundo dende detrás e controlaban aos gobernos coma marionetas movidas por catro guarros billetes.


No ano 2050 o nivel do mar aumentou ata o punto de cubrir o que ven sendo ata o rañaceos máis grande de Ferrol, únicamente sobrevivimos vivindo en pequenas casas flotantes acordes ao noso status, digo ao noso status porque por suposto este problema non o teñen aquilos que nos levaron a esta situación. 

Aqueles que levaron ao mundo a ser un mar de merda con cinco barcos no que xente de pobo agoniza por sobrevivir, están a prepara o plan polo que levan tantos anos desviando pasta, o plan que pretende salvar aos privilexiados e os máis valiosos e deixar aos máis imbéciles coma nos esperando a morte. Tantos anos de demagoxia, por fin dan o seu fruto, por fin conseguiron crear ese mundo perfecto mandando a tomar polo cu a este, veredes, este tempo que estiveron sen facer nada contra o quencemento global o estiveron invertindo (e non falo só de tempo ) en costear a creación dun mundo nas profundidades da terra ao marxe deste mar morto e de paso cargarse a toda oposición, a nós os desahuciados da sociedade. Mentres eles acaban de trasladarse cara o interior da terra nos esperamos a que manden unha bomba que provoque o maremoto que acabe coa xente olvidada coma nós, 

Xuntos como irmáns nos toca esperar o noso cruel e inminente destino, máis ao final a morte nos iguala a todos e pouco tempo pasará para que un terremoto ou un desmoronamiento mande á merda a eses privilexiados das profundidades. E, asi mentras rezamos para que todo o que vivimos sexa só unha pesadilla, deixo a reflexión de como o home é a única especia de matarse a si mesma, como é capaza de ver a súa destrucción e non facer nada por evitala, fácil porque o home é gilipollas 

No hay comentarios:

Publicar un comentario