jueves, 14 de mayo de 2015

Éxodo Urbano

O século XX foi unha época de grandes cambios, o auxe dos fascismos a Revolución rusa, duas guerras mundiais, a aparición do automovil, a televisión a infromática; máis tamén sucederon feitos máis directos na vida das persoas, tivo lugar o éxodo rural, que moveu a grandes cantidades de poboación dende áreas rurais cara a cidade. O sector agrario sufriu un proceso de decadencia provocado polo trasvase de poboación cara os traballos na industria e no sector servizos, este proceso denomínase terciarización. A terciarización tamén provocou o crecemento das cidades e da calidade de vida, ata o punto de que isto tivo consecuencias negativas como por exemplo a crise económica de 2007, esa crise alcanzou as cifras de paro máis altas da historia, o a precariedade e a falta de emprego levou á sociedade a pobreza na súa maior parte.

Cun elevado sector da sociedade incapaz de producir nin de obter riqueza, tampouco se puideron manter as outras actividades económicas, a extracción das minas ou o petróleo fóronse esgotando progresivamente e o sector terciario veuse incapaz de sobrevivir, porque se non hai clientes potenciales non hai mercado no que facer negocio.


A vida dende que esta crise comezou pegou un grande cambio, as cidades comezaron a despoboarse e o éxodo rural que cambiara o mundo durante o século XX tornou nun éxodo urbano.

A informática, o transporte motorizado, e cousas como a electricidade, o gas e a auga deixaron de estar garantidas no novo mundo. Agora vívese únicamente da agricultura, pero non todo é tan fácil, as terras atópanse na posesión das familias daqueles que non foran cara as cidades tempo atrás,  polo que estas se dedican a exixir pagos polo uso destas a aqueles que as necesiten. Efectivamente, en pleno século XXI, a sociedade volveu cara o feudalismo, os sangrantes acordos levados a cabo polos propietarios da terra cos pobres cidadáns que mendigan para poder comer están á orde do día.

Algúns intelixentes se deciden por recurrir á inmigración, pero ao final o que acabará sucedendo é que unha terra empobrecida acabe sendo unha terra de ninguén. Claro que quizás é mellor vivir nunha terra impropia que non vivir.



No hay comentarios:

Publicar un comentario