domingo, 12 de abril de 2015

Vivimos Ben


"Vivimos ben" esa e unha frase que adoita dicir a miña avoa non poucas veces, e que é verdade, sabiduría popular power. A miña avoua por parte nai, Bernardina Freijomil Varela, naceu en Queixeiro no ano 1933, sendo filla de Felicidad e José María aos cales lles dediquei unha maravillosa entrada anteriormente, foi a maior de 3 irmáns, e tivo a sorte de ir á escola.

(Sintoo vese o mellor que puiden)
No reverso da foto se pode ver tanto a data, 25 de maio de 1943, é dicir miña avoa tiña daquela 9 anos, e ademais ten un cuño no cal pon que é a Escuela Nacional de niñas de Queijeiro (Monfero).

Alí estivo dende os 7 ata os 13 anos, e nos seguintes anos da súa adolescencia traballou tanto na terra cos pasi, lindando as vacas, e o que máis lle gustaba, ir cosendo polas casas counha amiga dela.

Segundo o que me dixo sobre a vida cotiá, neses primeiros anos da ditadura de Franco, "no que colle, nos criamos ben", e a pesar de que o Sindicato lles quitaba case a metade da colleita cada mes, nunca chegaron a pasar fame en casa, xa que todos traballaban, e traballaban moito, tiñan unha situación acomodada e mesmo algúns veciños traballaban na súa casa, veciños que non tiñan tanta sorte.

O día do seu 21 cumpleanos, casou con Rogelio Fernández , os primeiros dous anos de casada seguiu na casa dos pais, os dous seguintes mudaron a unha casa na Ponte da Pedra onde naceron os primeiros dous fillos, e outros dous ano despois mudaron de novo esta vez para Neda, onde nacerían outros dous fillos, e onde Rogelio puxo un taller de carpintería que lles permitiu vivir confortablemente.

Foi nestes úlimos anos da ditadura franquista, e nos primeiros da democracia cando se acuñou a frase de "Vivimos Ben" , a
casa quedou pagada, as máquinas do taller quedaron pagadas, os nenos quedaron pagados, happy days chegaron a Neda.


E a historia segue, segue ata o día de hoxe, tristemente o meu avó quedou polo camiño, pero avoa segue vivita e coleando, agora invadindo Perlío, aínda que cun par de visitas a urxencias, segue impartindo sabiduría,  e que como ela di, "Vivimos ben" .



No hay comentarios:

Publicar un comentario