domingo, 12 de abril de 2015

Felicidad e máis Jose María

Tras moito buscar nas fotos que me puido proporcionar a miña avoa, escollín unhas poucas que me poderían servir para este traballo, e unha das que máis me chamou a atención foi estas, e vos estredes a preguntar quen son estes non ?

Estas dúas persoas que estades a ver son os meus bisavós por parte de nai, no día da súa boda, á esquerda (miña proxección hacia a obra ) (jeje), está a miña bisavoa Felicidad Varela Rico, e a súa dereita o seu flamante marido José María Freijomil Blanco. Falemos un pouco das súas vidas.

Comezo con Felicidad, nacida no ano 1907 en Queixeiro (Monfero), a súa infancia a pasou traballando o campo coa súa nai Juana, mentras que seu pai andaba traballando na cana de azúcar en Cuba (aquí chego a un punto un tanto incoherente, xa que segundo me fixeron saber, o seu pai estaba na emigracion dende 1895, e ela naceu en 1907, así que ou él volvía de cando en vez, cousa que non creo, ou...). En canto a ela antes de casar pouco máis sei, aparte que pola súa familia a súa ideoloxía era de dereitas ( o cal será máis importante, logo) e que tiña 2 irmáns e 2 irmás, os cales casaron entre les ( o cal me fai gracia),

Imos agora co noso outro protagonista, José María Freijomil Blanco, nacido tamén en Queixerio, dedicou tamén a súa infancia e adolescencia a traballar a terra na casa dos seus pais, cosa que non cambiou cando casou con Felicidad aproximadamente no ano 1932, xa que ela mudou para a casa dos sogros e alí seguiron traballando a terra. a súa ideoloxía era de esquerdas, e segundo teño entendido isto provocou que a súa muller tamén se fixera desa ideoloxía. A maior curiosidade que atopei sobre el é que non foi á Guerra Civil, e iso que estaba na idade ( tiña 37 anos cando comezou), algúns naceron con sorte. Os anos posteriores os pasou na mesma casa coidando dos seus pais e os seus tíos xunto coa muller e os seus fillos (4).

Pero na década do 1960, quedou inválido dunha perna e deixou de traballar, a súa muller tivo entón que coidar del, estos foron tempos malos para Felicidad xa que non paraba un minuto entre o campo, os nenos e o marido, ademáis el desenvolveu un carácter dicatorial e machista hacia ela, ata que morreu en 1971.



A partir de alí segundo sei, ela comezou a vivir
aos seus 64 anos, comezou a salir e a disfrutar da vida coa familia, a morte do seu marido foi unha liberación. Mais tras toda unha vida en Queixeiro, en 1995 mudou a Neda para ser coidada pola sua filla nos seus últimos anos, ata que morreu o 21 de xullo de 1997, Felicidad morreu feliz según din, lastima eu nunca a coñecín, morreu tan só 15 días antes de nacer eu, pero nas foros que eu puiden ver cos meus primos, se lle ve unha señora moi entrañable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario