E quen dixera que non podiamos atopar exemplos da Galicia rebelde nestes tempos. Na actualidade máis recente, trasladando a acción a Vigo (por moito noxo que esa cidade me provoque) , alí podemos ver unha loita das clases populares contra o poder, por un motivo ben raro, un barco.
A finais do pasado ano 2014, os veciños do barrio de Coia, coñeceron o proxecto do alcalde Abel Caballero (PSOE), de invertir 100.000 ecuros en trasladar dende o muelle o pesqueiro Bernardo Alfageme, o último pesqueiro de altura galego que segue en pé, ata a rotonda da avenida de Castelao. As contas realizadas polo veciños elevaron este coste ata 300.000 euros y fixeron saltar a indignación dun barrio obrero tocado e hundido pola crise e o paro.
As protestas comezaron en decembro, cando conseguiron frear as obras coas que o concello estaba preparando a rotonda para o traslado inminente do barco, baixo gritos de guerra de loita vecinal como: No puede ser, el dinero en la rotonda y las familias sin comer. Tras tres meses de protestas constantes que incluso levaron a varios veicños ao xuzgado, finalmente o barco acabou na ansiada localización do alcalde.
Máis a loita aínda non termina, os veciños segueran loitando xudicial e politicamente ata conseguir o seu obxetivo. Xa que consideran innaceptable a actuación do alcalde fronte a situación de crise que se vive na actualidade.
Que nos pode ensinar esta revolta ? Moi fácil, en primeiro lugar que o poder reside no pobo, e que se o pobo se une non hai alcalde con rabo suficientemente grande como para frear a un pobo unido. É igual cando suceda, o barco pouco vai durar, xa que é totalmente ilóxica esta actuación do alcalde, eu non sei se alguén o pedira, pero vamos se queres obarco alí cho pagas ti, digo eu. Sexa pola vía xudicial ou nunha futura elección dun goberno diferente o barco acabará desaparecendo, pero o problema é que o desembolso xa está feito, o alcalde de momento gañou a partida; eu só vexo unha solución posible, ir alí ó estilo bandálico e facerlle un pequeno "tunning" ó dichoso barcquiño, non é do pobo ? non o pagamos ? pois co noso facemos o que queremos, esa é a actitude, a podedes chamar infantil ou bárvara, pero con monos como Don Abel Caballero, hai que tratar como se monos fóramos. oxalá a revolta teña un éxito máis pronto que tarde, e esta loita triunfe, xa que nos ensina que debemos loitar contra os abusos dos de arriba, xa que o noso poder sempre é maior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario