domingo, 22 de febrero de 2015

As guerreiras de A Palloza

Fai moitos anos desta historia, a mediados do século XIX España estaba comezando tarde o seu proceso de industrialización, o cal non se consolidaría ata o século XX.

A presenza de mulleres traballadoras na industria era escasa, se exceptuamos a industria téxtil e, por suposto a elaboración de tabacos, da cal trata a nosa historia.

A fábrica de tabacos que recibía  o nome de A Palloza, localizada na Coruña abriu no ano 1804, e contaba con cerca de 5000 traballadores dos cales, a maioría eran mulleres.

Estaban moi mal pagadas, cobraban arredor de tres ou catro duros ao mes, e a súa actividade era complementaria, un auxilio da economía familiar. Os primeiros conflitos, debido os baixos salarios tiveron lugar en 1831 e en 1854. A partir deste ano adquiren tendenzas luditas.  O ludismo foi un movemento encabezado por artesanos ingleses no século XIX, que protestó contra as novas máuinas que destruían empleo; a pesar de que este movemento foi sofocado pronto, expandiuse rápidamente por toda Europa e nesta fábrica de tabacos atoparíamos a primeira representación deste.

Para satisfacer unha crecente demanda, o traballo manual das cigarreiras comeza a facerse de forma mecánica. A resposta das traballadoras de A Palloza no ano 1857 é arremter contra os xefes, botar ao mar toda a producción e destruír as máquinas novas de picar o tabaco. Tamén as tiraron á ría, ademáis d emobles, libros de caixa, papeis e calquiera outra cousa que atoparon.

A verdade é que desoñeco que efecto inmediato tiveron estas accións, non sei se consegueron os despidos de modo automático ou se lograron o seu obxetivo de eliminar a mecanización e manter os seus postos de traballo. Se tiveron éxito, só podo dicir parabéns por loitar polo que consideran xusto, e que oxalá máis xente lles imitase; se polo contrario fracasaron é necesario recoñecer o mérito da súa loita xa que foron pioneiras nas loitas obreiras as cales quizais inspiraron ás sublevacións futuras do famoso movemento obeiro. Tamén destacar que a historia lles recordou, xa sexa a por exemplo na obra da novelista Emilia Pardo Bazán "La Tribuna" , na que describre minuciosamente as costumes do traballo das cigarreiras; ou na propia cidade da Coruña, por exemplo na "Calle de las Cigarreras" ou no edifico do Museo "Fábrica de Tabacos" nomeados así na súia honra.

Trátase da primeira de moitas loitas obreiras non só en Galicia senón en España, por iso merece o seu recoñecemento e un lugar na historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario