Todo comeza no ano 1994, ano no que entra en vigor a definición da zona económica exclusiva, pasando a fronteira das augas propias dun país de 12 a 200 millas da costa. Numerosos pesquieros españoles (deles un 90% galegos) e portugueses, levaban máis de 200 anos acudindo aos caladoiros canadienses en busca de bacalao. Máis coa chegada desta nova lei, estes tiveron que reciclarse e cambiaron o bacalao polo fletán.
O fletán, trátase dun pescado de tamaño variable entre 3 e 56 kg, que habita no máis profundo das augas do Atlántico Norte, nas zonas de Canadá e Alaska. Tradicionalmente, este fora un pez discriminado e ignorado polos canadienses, pero ao ver que os extranxeiros comezaban a facer cartos coa explotación dun producto que eles consideraban que lles petertencía.
Foi o 9 de marzo de 1995, o día no que o goberno canadiense decide arrestar ao pesqueiro galego Estai que pescaba cerca das súas augas territoriales o fletán (segundo dicían os tripulantes, atopábanse a 220 millas da costa de Terranova, é dicir fóra da xurisdicción canadiense).
Brian Tobin, ministro de pesca canadiense, ordena o arresto do pesqueiro e ameaza a outros 19 barcos, baixo o pretexto de haber activado unha lei que permitiría a Canadá o arresto de aquilos pesqueiros que podieran estar levando a cabo algunha sobreexplotación de especies auctóctonas a pesar de estar practicando a pesca fóra do territorio legal canadiense. Vou facer un inciso na reconstrucción dos feitos, para anotar que Brian Tobin é un tremendo subnormal.
O gilipollas de Brian Tobin
Mentres que o Estai estaba sendo escoltado por patrulleiras cara á costa, e segundo din os mariñeiros non de maneira moi suave, Tobin xa estaba planeando unha nova ofensiva de bélicas proporcións. Este planeaba asediar aos demais pesqueiros con non poucas patrulleiras, algunha forza militar aérea.
Tanto o goberno español como a UE trataron de levar o conflicto pola vía pacífica e diplomática, pero Brian Tobin, facendo gala dos seus modales, clase e por suposto do seu grave retraso mental, decide facer caso omiso das protestas e se dirixe a Nova York (que non me acaba de entrar na cabeza porque foi alí) e fai unha roda de prensa onde mostra ao mundo as supostas infraccións do Estai: unah rede ilegal(que non pertencía a ese barco) e un peixe dun tamaño menor ao legal (que ademáis non era un fletán, se te vas queixar, polo menos documéntate un pouco antes).
Grazas ás actuacións diplomáticas, o Estai acaba sendo liberado xunto cos seus tripulantes, mencionar que o goberno canadiense requisoulles todas as toneladas de pescado que conseguiran legalmente, e segundo mencionan, estes entraron no barco e lles robaron todas as provisións de comida e bebida, así como algún obxeto persoal, #IlegalSegundoTobin #EleganciaCanadiense .
Mais o conflicto non rematou alí, nos sucesivos días a armada canadiense seguiu asediando aos pesqueiros galegos e portugueses que estaban TRABALLANDO LEGALMENTE, polo que o goberno de Felipe Gonzalez decide enviar 3 patrulleiras á fronteira coas augas de Canadá ( incrible, a marina española facendo algo útil). Tobin responde declarando a guerra a España, meténdome na mente do imbécil este, imaxino que pensou; vaia, que osadía dos españoles enviar 3 tristes callucos de guerra a vixilar aos barcos que fan o seu traballo sen ningunha ilegalidade, mellor lles bombardeamos.
Tras unha escalada na tensión entre España e Canadá, a declaración de guerra non se fai efectiva, xa que España acaba cedendo ante as exixencias canadienses. O cal podemos considerar un acerto, xa que a saber do nivel de posibilidades ante unha guerra frone unha potencia como Canadá, pero un erro xa que o que os pescadores galegos facían nunca foi ilegal de ningunha maneira, sería reclamar un dereito que lles pertencia a eles e Canadá non tiña dereito a meter os fuciños só porque os galegos souperan facer un negocio que os canadienses non.
A pesar da pasividade de España, Canadá acabou asinando un acordo coa UE, polo que os pescadores galegos aínda hoxe poden acudir a coller fletán, pero con unha gran baixada da cantidade permitida, xa que se pasou de capturar 40.000 toneladas ao ano antes de 1995, a 4.000 actualmente.
É un consuelo pensar que os pescadores galegos aínda poden seguir facendo pasta do fletán, non tanto coma antes, pero iso é mellor que nada. Pero mellora ao saber que Don Brian Tobin foi botado do poder político pouco tempo despois. Brian Tobin, dedicoche a ti estas palabras: eres un imbécil, habería que darche unha boa patada nos collós e outra nos dentes, e fódete na túa casa, mentres sacamos billetes das vosas augas.
Por último mencionar que case todo do que falei, o obtiven dun documental moi ben realizado que relata todo este suceso, se estivérades interesados nel, deixovolo aqí debaixo:
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario